Elas

Ollo, albisco, sinto.
Ollo os teus ollos escuros.
Albisco a túa ollada entre
a multitude. Sinto o latexo
dos devanceiros.

Calan, choran, xemen.
Calan as rapazas dos ollos
escuros. Choran as nenas
desateigadas. Xemen unha
canción entre dentes.

Latexan, aman, desexan.
Latexan os seus corazóns pequechos.
Aman os mozos das caras de manteiga
que antes as desexaron e agora
non as queren.

Chove, corren, agardan.
Chove na vella carballeira
do Sur. Corren os paxaros
surcando o mar. Agardan ás rapazas
namoradas sen teimar.

Sombras, névoa, pantasmas.
Sombras dunha noite sen lua.
Névoa dunha escura teima.
Pantasmas que sen reparo
buscan nada.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s