Licenciado en Filoloxía Hispánica na Sección Galego-Portugués. . Membro do Xurado do I Premio de Poesía Johan Carballeira e do Xurado do Premio de Narrativa Blanco Amor. Colaborador en varios números do Suplemento do Morrazo do Diario de Pontevedra. Colaborador da EGU.
Gañador do IX Certame de Poesía «Domingo Antonio de Andrade» convocado pola Asociación Cultural Domingo Antonio Andrade, de Cee (A Coruña)
Colaborador en praza.com co espazo de opinión A ágora do aletófilo. Membro do xurado do Premio de Xornalismo Johan Carballeira.
Acadou o segundo premio no concurso Letras como espadas no ano 2015. Autor das obras publicadas en Edicións Xerais: Traballando coa lingua; Traballando coa lingua. Primeiro Ciclo da ESO; Probas corrixidas de Selectividade; Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2019 e 2020; e Oratoria 1º-2º ESO.
En Amazon, no ano 2020, publica a novela Tres acordes para unha vella melodía; o libro de poemas en edición bilingüe (galego-castelán), Alma de mar; o libro de relatos Lerias (Memorias dun mozo de aldea); a novela xuvenil de ciencia ficción Galacetic 3001 (Á procura dun novo mundo) e o conto infantil A avoa Enriqueta e a bicicleta Cleta, estas dúas últimas obras foron publicadas no ano 2021. Tamén inicia no 2021 un ambicioso proxecto de recuperación para o público en xeral das obras en prosa máis importantes da literatura medieval na colección Os Nosos Clásicos que se abre coa publicación de Os Milagres de Santiago. Como poeta publica en castelán Poemas olvidados pero deseados (2021) e Pinceladas sueltas (2021).