
OS MILAGRES DE SANTIAGO
O caderno de traballo que aparecer no enlace que vén a seguir permitirá ao alumnado de bacharelato traballar paralelamente á lectura ou remate da obra aspectos que permitirán unha mellor comprensión desta obra significativa da prosa medieval galega. É un complemento imprescindible para que o profesorado poida abordar dunha forma máis completa e con aspectos que propoñen unha lectura máis enriquecedora e comprensiva desta peza da literatura haxiográfica e que ten grande valor para a comprensión da prosa medieval galega.