Interxeracional

Ás veces, cando un leva moitos anos ás costas no seu traballo ten a tendência a xulgar aos máis novos con desprezo sen ter en conta que mocidade non ten por que ser sinônimo de falta de recursos para resolver un problema. O encontro entre o inspector García e o forense é un exemplo deste prexuízo.

Tres acordes para unha vella melodía

Inicio de capítulo

Se o comezo dunha historia é importante para que o lector se mergulle na historia non é menos o inicio dos capítulos. Do mesmo xeito que o remate dun capítulo ten que convidarnos a seguir no seguinte capítulo o inicio deste debe manter esa necesidade de non deixar de ler.

Tres acordes para una vella melodía

Aquí me encontrarás

¿Qué ocultan las ventanas?

¿Qué ocultan las ventanas? A veces son la clave de viejas historias que se desencadenan en el futuro.
Tres acordes para una antigua melodía https://www.amazon.es/dp/B098TJ2X6Y/ref=cTresm_sw_r_apan_glt_JC4EJGPB3H6Z37RPJRJ9

Tres acordes para unha vella melodía

O rebulir que se vivía aquela mañá na comisaría da Policía Autonómica que viña de ser estreada había pouco máis dun mes
froito da política de transferencia do goberno central, era toda unha novidade para os seus membros. Algo gordo debía estar acontecendo
xa que nos días precedentes o debullar das horas adoitara ser do máis demorado e moi semellante ao de calquera outro departamento da administración autonómica. Semellaba ser de todo menos unha comisaría dalgún corpo de seguridade do estado. […]

Hoxe, pola contra, se nos achegásemos ao despacho do Comisario Xefe da Policía Autonómica nos decatariamos de que se
semellaba máis a un despacho do responsable dunha comisaría dunha grande cidade, encargada de investigar os máis variados crimes, que a unha da Policía Local de calquera vila de provincias, que era a visión
que dela tiñan os visitantes que entraban nela a cotío. O seu teléfono botaba lume, entre as chamadas que recibira dende primeiras horas
da mañá e as que el mesmo tivera que facer, superaran en minutos as que levaba feito en todo o mes, e non era unha esaxeración, aínda
que puidese parecelo.

O mar por diante: texto e territorio

Mesa redonda organizada polo Concello de Bueu no que escritores da vila compartimos a presenza do territorio nas nosas obras. No meu caso a presenza de Bueu en Tres acordes para unha vella melodia e Lerias. No enlace que atoparedes a seguir podedes ver o contido da mesa redonda.

https://www.youtube.com/watch?v=-7xh4mcFUgI

Historias de Bueu no universo Amazon

Titular que encabeza a fantástica entrevista que me realizou o xornalista Davíd García co gallo do éxito de vendas de Tres acordes para unha vella melodía e Lerias. Memorias dun neno de aldea na plataforma de Amazon Kindle Direct Publishing, que se pode ler no Faro de Vigo na edición do Morrazo.

Historias de Bueu que reinan no universo Amazon – Faro de Vigo

«É un proceso fácil pero de navegar en solitario»

O xornal El Español no seu suplemento treintayseis na súa sección de cultura fíxome unha entrevista falando da autoedición das miñas obras e do que supón estar no top de autores máis lidos en lingua galega. Todo un pracer poder falar do complexo traballo que supón a autoedición e as posiblidades que ofrece Amazón Kdp (Kindle Direct Publishing) para poder facelo.

Se premes no enlace que aparece a continuación poderás ler a entrevista completa.

Autopublicar en gallego y en «eBook»: la experiencia de Manuel Mosteiro y Pablo Vila (elespanol.com)