Día internacional do/del libro

Aquí me encontrarás

Salaios

Fóra chove 

eu estou deitado na miña cama 

agochado no fondo dunha manta 

de cadros de mil cores, mouros e vermellos, 

parasitando apaticamente nun soño 

no soño da irrealidade real feita realidade 

non son quen de afastar o soño da realidade 

pasan polos meus miolos rostros, corpos, xentes… 

Cal é a realidade e cal o soño? 

Que máis ten, eu mesmo son un ente 

nivolesco, de nivola relada e chea de po 

e que máis ten, realidade e ficción 

Cal das dúas é máis real? 

Quen fose quen de non mesturalas 

de poder soñar soños fantásticos 

e de vivir feitos reais 

mais que máis ten, soñar e vivir 

Quero que os compañeiros dos soños 

mestúrense con personaxes que se din reais 

quero que berren e que se esmaguen os fociños 

Será tamén un soño a choiva 

que está mollando o chan do cuarto? 

Quen fose quen de sabelo.