Os milagres de Santiago

Os Milagres de Santiago

Falando da importancia da prosa medieval e dos Milagres de Santiago na promoción do Camiño de Santiago. Presentando no Ateneo de Pontevedra a adaptación ao galego actual da obra medieval, Os Milagres de Santiago. Analizando o papel de Xelmírez en todo o proceso de consolidación de Compostela.

Os Milagres de Santiago

A obra medieval da prosa haxiográfica recolle entre os seus libros unha guía de peregrinos que representa a primeira guía turística da historia. Un percorrido sobre o camiño e uunha descrición minuciosa da catedral de Santiago.

No fragmento que se reproduce a seguir e que remata esta guía é a recomendación aos veciños de Santiago sobre como deben acoller ao peregrinos.

Acceder á obra

Booktrailer Os Milagres de Santiago

https://amzn.eu/d/epFeWBm

Crónica Troiana

Así comeza a a versión galega da Crónica Troiana, unha das obras representativas da literatura galega medieval.

<<Conta a historia que os gregos se indignaron moito cando Hércules e Xasón lles contaron a deshonra e o pesar que lles causara o rei Leomedón de Troia no porto de Symeonta, e como deshonrosamente lles prohibiu a entrada naquela terra. Cando isto escoitaron berraron todos cunha soa voz:
-Como foi tan ousado o rei Leomedón para causar tanta deshonra a homes tan bondadosos e honrados?
E alí, un a un, con moita xenreira xuraron todos que destruirían ao rei e ao seu reino. Dicían que pola súa afrenta sufriría o porto, porque pensaban loitar de tal xeito que o matarían e lle farían perder o seu reino. Pero Hércules, que non esquecía a afrenta nin o mal que recibira, tan doído estaba que non podía
permanecer sen vingarse el mesmo. Amosoulle a cantos amigos tiña o pesar con que andaba, tanto llo dixo a cada un e tanto fixo que acadou todo o que quería, porque lle prometeron todos que irían con el a Troia. Segundo conta a historia, por este acontecemento causouse un gran dano que vos quero contar.>>