A obra medieval da prosa haxiográfica recolle entre os seus libros unha guía de peregrinos que representa a primeira guía turística da historia. Un percorrido sobre o camiño e uunha descrición minuciosa da catedral de Santiago.
No fragmento que se reproduce a seguir e que remata esta guía é a recomendación aos veciños de Santiago sobre como deben acoller ao peregrinos.
Os milagres de Santiago chegou á biblioteca da Casa Galicia de Las Palmas acompañando aos galegos da diáspora e cerca do único Camiño do Santiago fóra de Europa.
Durante a Pascua a cabeza de Santigo Alfeo está no seu relicario sobre o altar. Nunha occasion un romeiro alemán acompañado doutros coulleu unha presada de moedas de prata e depositounas sobre o relicario. Cando os que alí estaban viron o que facía preguntáronlle cal era o motivo para deixalas alí. El ensinoulles unha frecha que traía e explicoulles que durante unha batalla, un inimigo atravesoulle con ela a cabeza, entrou pola parte deira do queixo e saiulle polo nariz. Os que o viron coa frecha atravesa perderon a esperanza de que puidese salvar a vida. Mentres agardaba pola morte, pregou axuda a Santiago e nada más pronunciar o seu nome a frecha saíu da súa cabeza coa forza que sae dunha besta. Pori so vin aquí en peregrinaxe con ela, porque grazas a Santiago salvei a vida.