Os milagres de Santiago

II

Un cabaleiro normando, do castelo de Carimate, chamado Emaús, veu de peregrinación a Santiago acompañado de dous compañeiros. Cando chegou ao lugar onde adoitan estar os gardas do altar, dirixiuse aos presentes, dicindo:

Eu recibín deste santo apóstolo un beneficio que non merecía nin tampouco merezo agora poder contalo. O que me aconteceu foi o seguinte:


Cando loitaba cos meus inimigos fun ferido nunha perna e nese momento sentín unha dor tan intensa que non podía aguantar. A perna e a coxa quedaron entumecidas. Ao verme algúns amigos tan tolleito, aconselláronme que me retirase a algún lugar relixioso a servir a Deus e así ter un obxectivo polo que vivir. Eu confiando no seu consello preparei o necesario para que me levasen aló ao día seguinte. A media noite mentres soaban as campás para os matíns porque era a véspera de Santiago, oito días antes do un de agosto, espertei no leito onde xacía da miña enfermidade e pensei con moito medo e inquedanza. “Ai, señor Santiago, eu iría devotamente ao canto das túas horas se puidese.” De súpeto, púxenme de lado e sen axuda de ninguén puiden erguerme, cousa
que antes non podía facer. Chamei polo servente que ao verme erguido quedou abraiado. Logo collín o bordón nunha man e coa outra no ombreiro do servente boteime a andar. A coxa da perna
que antes estaba seca recuperou a súa forza, sen axuda de ninguén púxenme a andar coxeando un pouco e funme para o lugar relixioso onde quería estar. Despois de ver as cerimonias dedicadas
a Santiago, regresei á miña casa san el salvo pola graza de Deus.

Loei a Santiago que quixo que viñese aquí a contar esta graza que del recibín.

Os milagres de Santiago

Turpino, pola graza de Deus arcebispo de Rens e compañeiro de Carlos nos grandes feitos e lides que lle aconteceron en España, a vós don Leopando, dean de Aquisgrán.

Porque o outro día enviástesnos a dicir a Viana, onde nós estabamos doentes das feridas que tiñamos, que vos escribísemos como o noso emperador Carlos librou as terras de España e de Galicia do poderío dos mouros. Na certeza de como pasou contámoslle a vosa irmandade todas aquelas aventuras que vivimos nas terras de España e de Galicia durante catorce anos.

Os Milagres de Ssntiago

Os Milagres de Santiago: (Adaptación) (Os nosos clásicos) https://www.amazon.es/dp/B093RS7KY4/ref=cm_sw_r_apan_glt_i_J7X0HN9Y2Y9ZC8805HFB

Os milagres de Santiago chega á Casa Galicia de Las Palmas

Os Milagres de Santiago segue o seu camiño de difusión, un exemplar forma parte dos fondo da Biblioteca da Casa de Galicia en Las Palmas, que ten a distinción de Centro Promotor do Camiño de Santiago. Como curiosidade, o único Camiño de Santiago que está fóra de Europa, téñeno precisamente nas Illas Canarias. Toda unha descuberta.

Os milagres de Santiago

Os milagres de Santiago chegou á biblioteca da Casa Galicia de Las Palmas acompañando aos galegos da diáspora e cerca do único Camiño do Santiago fóra de Europa.


https://www.amazon.es/dp/B093RS7KY4/ref=cm_sw_r_apan_glt_i_J7X0HN9Y2Y9ZC8805HFB

Os Milagres de Santiago

Durante a Pascua a cabeza de Santigo Alfeo está no seu relicario sobre o altar. Nunha occasion un romeiro alemán acompañado doutros coulleu unha presada de moedas de prata e depositounas sobre o relicario. Cando os que alí estaban viron o que facía preguntáronlle cal era o motivo para deixalas alí. El ensinoulles unha frecha que traía e explicoulles que durante unha batalla, un inimigo atravesoulle con ela a cabeza, entrou pola parte deira do queixo e saiulle polo nariz. Os que o viron coa frecha atravesa perderon a esperanza de que puidese salvar a vida. Mentres agardaba pola morte, pregou axuda a Santiago e nada más pronunciar o seu nome a frecha saíu da súa cabeza coa forza que sae dunha besta. Pori so vin aquí en peregrinaxe con ela, porque grazas a Santiago salvei a vida.