A poeta e o mar

Os espazos do poeta son o alimento fundamental da súa poesía e neles onde vive e sofre. Estas vivencias: sufrimento e alegría son o motor dos seus versos. En Alfonsina o mar é un deses espazos vitais e así pretendo recollelo na miña homenaxe particular á poeta arxentina. (Alma de mar)

A miña obra

LLORANDO FRENTE AL MAR


Alfonsina
Está llorando frente al mar.
Sus lágrimas son de plata,
o seu rostro é de crital.


¿Por que lloras Alfonsina
si te abraza la tierna Soledad?
¿Por qué te acercas a la orilla del mar
si allí no podrás soñar?


Alfonsina
se va uniendo al mar.
Sus espumas la besan.

sus aguas la quieren consolar.
Alfonsina se diluye en el mar
buscando la eternidad.

Pictografía

A pictografía é a asociación solidarianda imaxe e do texto. Nela non hai predominio da parte visual nin da gráfica, as dúas forman unha historia que se globaliza na fusión das dúas artes, a da imaxe e a do texto.

Dende a nosa atalaia

Dende a nosa atalaia observamos o ir e vir das xentes dende a orixe dos tempos. A nena que cada mañá camiñaba pola area hoxe é a avoa que camiña coa súa neta; a súa filla ten que saír cedo para o traballo e non pode acompañalas. É o sino dos tempos, avós que exercen de pais.
Esta noite a praia tivo moito movemento. A treboada puxo en perigo a vida dos mariñeiros. As mulleres que agardaban polos seus homes xa non o farán cada mañá á pé do mar. Os seus homes xa non sairán como cada mañá ao mar. É o sino dos tempos, xogarse a vida para dar de comer aos seus.
Lonxe quedan os tempos antigos nos que todos acodían onda nós na procura da nosa protección. Xa ninguén lembra que nós somos os vixías protectores das súas vidas. É o sino dos tempos.

Cíclopes

Nas ribeiras das feras costas os cíclopes loitan contra as augas na procura dos tesouros que as profundidades agochan. Saben que as súas forzas non conseguirán sacar do cerne das feras augas oceánicas a beberaxe das súa supervivencia. Malia saber que a historia está unha vez máis contra eles, non renunciarán a manter viva a estirpe dos seus avoengos.