O lector é parte da historia

O lector forma parte da historia dende o momento que se decide a mergullarse na historia que o escritor lle ofrece. É misión do autor implicalo no que vai ler. Velaquí a técnica empregada en Lerias, neste caso unha carta dirixida ao lector para encomendarlle unha misión.

CARTA O LECTOR

Cela, 25 do mes de Santiago do ano 1994.

           Querido amiguiño, chámote así, porque agardo que xa desde o momento en que comeces a ler estas lerias sexas un personaxe máis da miña historia. E aínda que non o creas es para min o personaxe máis importante, porque sen ti, ¿que serían estas historias? Supoño que che sorprenderá que eu, o autor destas lerias que vas ler me dirixa directamente a ti. Era absolutamente necesario, quero que saibas que nestas páxinas che ofrezo unha parte de min. Trátaas con agarimo e xa me contarás como che foi con elas. Como só era isto o que quería dicirche xa te deixo cunha parte da miña vida ata cando te decidas a contarme o que che pareceu. Unha aperta do neno que viviu estas historias.

Para acceder á obra:

https://amzn.eu/d/0vDgm6e

Día internacional do/del libro

Os lectores opinan

Na semana na que se multiplican os actos de celebración do Día Mundial do libro agradecer aos lectores a aposta realizada pola miña produción literaria. Quero personalizar este agradecemento na figura dunha das miñas lectoras máis fieis María a través das súas palabras sobre as miñas obras.

A miña obra

Aquí me encontrarás

Lerias. 2ª edición

Xa está a disposición dos lectores a 2ª edición de Lerias. Esta nova edición dá cumprimento a unha petición dos lectores da anterior que me pediron que lle dese algo máis de vida aos relatos incorporando ilustracións a cada un dos relatos. Así o fixen grazas á inestimable colaboración do meu artista de cabeceira o Dr. en Belas Artes José Barbadilla que despois dunha primeira etapa dando vida ás portadas dos meus libros agora aceptou o reto de poñer imaxe aos meus textos. Se o seu gran taballo non sería posible.

Os que vos gustou a primeira edición vaivos engaiolar esta nova proposta. Convídovos a que lle deades unha nova oportunidade a estas Lerias con vida propia grazas ás ilustracións que as acompañan.

Déixovos un adianto do que vos atoparedes nesta nova edición.

Xa era tempo
Xina e Ramón
O avó
O cazador e a vella

Lerias

Revisando para lanzar a 2ª edición de Lerias. Esta nova edición vén con novidades importantes na versión en tapa branda, a petición dos lectores incorpora as ilustracións do Dr. José Barbadilla e algunha sorpresa máis. Non te perdas todas estas novidades. En breve estará xa para mercala en Amazon.

Aquí che deixo unha.

A carta

Lerias. O cazador e a vella

Todo aconteceu un domingo pola mañá no Coto de Paradela aló polo tempo da caza. Naquelas datas o coto enchíase de homes que se sentían os donos do mundo por levar unha escopeta ó lombo.  

Meu neto, que lonxe pode chegar a estupidez humana. Lembro o que lle aconteceu a un cazador que se cría un gran home e era moi fachendoso.  

Paco do Coto, doutor do pobo, saíu cediño da casa. Vivía nunha casa grandeira, quizais a máis grande de toda a volta, dous pisos, unha adega e un faio. 

Paco ergueuse aló polas cinco da mañá. Adoitaba saír máis cedo có resto dos compañeiros. Vestiu o seu uniforme de soldado frustrado. Baixou á cociña e tomou o almorzo que xa tiña preparado. Aínda tiña sono, a noite anterior chamárano para un parto e non descansara moito. Colleu a escopeta, cargouna, revisouna con tino e botouna ó lombo. Saíu da casa e foise directamente á procura dos cans, Bronco e Lince, os mellores cans de caza da comarca. 

Ollou cara ó ceo. Vai ser un bo día, pensou. A noite fora quente e o ceo aínda estaba cuberto de puntiños de luz. Non fora unha noite calquera, a lúa brillaba máis ca nunca. 

Baixou a vista, ó seu carón estaban os cans agardando que reparase na súa presencia. Bronco era un can mouro coma un tizón, na súa boca moura reflexábase toda a súa ruíndade. Lince tiña a pel salpicada de cores, unha grande pegada branca enchía a súa fronte. 

Paco colleu os dous cans e saíu cara ó monte. Abriu a cancela con aire inquedo erguendo a vista hacia o horizonte tentando buscar algo. Colleu polo camiño que levaba ó campo-santo. Media hora de camiñar e xa estaba na Gandra. Monte longo, cheo de carballeiras e piñeirais nos que se agochan as pezas cobizadas polos cazadores. 

O día era moi soleado. Camiñou e camiñou sen atopar becho ningún ó que poder pegarlle un tiro. Por mor da calor a súa gorxa ía secando perigosamente. Camiñara durante horas sen atopar unha fonte na que poder mollar a palleta. Buscando e buscando, descubriu un tellado vermello entre matos e silveiras. 

Era unha casa pequecha, moura e vella. Paco ollou para o ceo, serían aló polas doce da mañá, o sol brillaba con toda a súa forza. Os raios de sol reflectíanse nos canóns da súa arma como se fosen un espello. Ía moita calor. Paco camiñou de vagar cara á casoupa esquecida pero non baleira. 

Camiñou de vagariño polo carreiro que remataba na porta daquela mansionciña de xentiña pobre. Á porta, repousando sobre un pequeno escano había alguén. Ó achegarse aquela masa informe foi adquirindo forma. Semellaba un vello espantallo esquecido. Os seus farrapos eran coma os de calquera labrega galega, vellos, suxos e rachados. A súa vella face agochábase debaixo dun pano mouro. Unha chambra e saia tamén mouras completaban o seu vestiario. 

Aquela figura agarimeira ergueu a testa e ollouno con moita tristura. A súa fronte e o seu corpo torturados polos anos. Paco sentiu mágoa pola vella. 

De súpeto saíu un rapaz pola porta. Un pícaro miúdo, esfameado e loiro. Paco achegouse ó rapaz e díxolle con moita comenencia: 

– Rapaz, pódesme traer un vaso de auga?. 

O rapaz, sen dicir ren, xirou sobre si mesmo e entrou na casa da que viña de saír. Ó pouco tempo voltou cunha ferrada vella, enferruxada e denegrida, chea de auga. Vendo a cara de Paco, díxolle: 

– Sómoslle pobres e non temos outra cousa na que beber. 

Paco, calado, colleu a ferrada. Comezou a darlle voltas e voltas ollando de esguello á vella. Colleu a ferrada coas dúas mans e bebeu pola beira da asa. 

De súpeto, o rapaz berrou: 

– Avoa!. Avoa!. Este señor bebe coma vostede!

.

O mar por diante: texto e territorio

Mesa redonda organizada polo Concello de Bueu no que escritores da vila compartimos a presenza do territorio nas nosas obras. No meu caso a presenza de Bueu en Tres acordes para unha vella melodia e Lerias. No enlace que atoparedes a seguir podedes ver o contido da mesa redonda.

https://www.youtube.com/watch?v=-7xh4mcFUgI