Interxeracional

Ás veces, cando un leva moitos anos ás costas no seu traballo ten a tendência a xulgar aos máis novos con desprezo sen ter en conta que mocidade non ten por que ser sinônimo de falta de recursos para resolver un problema. O encontro entre o inspector García e o forense é un exemplo deste prexuízo.

Tres acordes para unha vella melodía

Inicio de capítulo

Se o comezo dunha historia é importante para que o lector se mergulle na historia non é menos o inicio dos capítulos. Do mesmo xeito que o remate dun capítulo ten que convidarnos a seguir no seguinte capítulo o inicio deste debe manter esa necesidade de non deixar de ler.

Tres acordes para una vella melodía

GALACETIC 3001

Estamos no ano 3001 a Terra xa non existe despois dunha loita fraticida que dominaban o planeta. Mentres se produce a explosión final, dun recuncho do noroeste europeo, a antiga Galaecia romana, se desprende a cidade espacial o mesmo nome, ante a sorpresa dos sobrevicintes que deixaran o planeta para instalarse na estacións espaciais.

Así comeza esta aventura pensada para lectores adolescentes aos que lles apaixona a literatura de ciencia ficción.

Premendo no seguinte enlace poderás vivir esta aventura espacial

Galacetic 3001: Á procura dun novo mundo (Batel Xuvenil Book 1) (Galician Edition) eBook: Mosteiro García, Manuel Antón: Amazon.es: Tienda Kindle

O espazo de Tres acordes

Todo escritor cando recrea os lugares da súa historia sempre adoita ter un espazo real que lle serve de referencia, no meu caso non ía ser unha excepción. San Martiño do Conde, como algúns dos meus lectores supuxeron, é o trasunto literario de Bueu. Para os que queiran saber como era o Bueu co que se atoparon os tres protagonistas da historia no verán do 75, déixovos o enlace a unha gravación que atopei no facebook.

Facebook