O poema «Vellos nenos» do poemario Lingua amiga, recentemente publicado acadou o primeiro premio do Segundo concurso de poesía LAS CENIZAS DE WELLES. Esta foi a valoración do xurado que lle concedeu este premio.
“Vellos nenos” vén de gañar o primeiro premio no concurso de poesía deste ano e non o fixo precisamente porque estivera escrito en galego e a premisa desta convocatoria fose recibir poemas nos distintos idiomas ibéricos, senón porque a súa pluma, dende o corazón e de forma sinxela pero absolutamente brillante, callou nas miñas veas, como unha lembranza eterna de mocidade.
Como acobo de dicir, nesta ocasión pedía escritos en diferentes idiomas e facíao porque quería que o certamen se convertera nunha aperta fraterna entre o castelán e todas as súas linguas irmás, unha aprerta que puidera servir asemade de intercambio cultural e metalingüístico. Pero claro, se o poema fose malo non tería acadado absolutamente nada. O caso é que non só o era, que ademais, se tratada dun dos mellores (o mellor concretamente) deste ano.
Porque “Vellos nenos” é un escrito elegante, nostálgico, sentido e moi ben desenvolvido. Unha grande homenaxe a unha infancia e a unha terra que viu pisar os primeiros pasos do autor e que quedou tatuada, como unha chama incandescente nas reses. Porque a vida esta feita das memorias dos nosos primeiros anos. Porque a vida é respirar e suspirar polo que xa non pode volver pero sempre está presente.
Un primeiro premio, unha medalla de ouro ben merecida que dende aquí aplaudo unha e mil veces. MOITAS GRAZAS!!!