Cíclopes

Nas ribeiras das feras costas os cíclopes loitan contra as augas na procura dos tesouros que as profundidades agochan. Saben que as súas forzas non conseguirán sacar do cerne das feras augas oceánicas a beberaxe das súa supervivencia. Malia saber que a historia está unha vez máis contra eles, non renunciarán a manter viva a estirpe dos seus avoengos.