Un dos libros desta tradución galega do Liber Sancti Iacobi, tamén coñecido como Codex Calixtinus pola súa atribución ao papa Calixto, recolle toda una serie de milagres atribuídos a Santiago contados polos propios peregrinos que chegaban a Compostela para agradecer ao santo a súa axuda. Velaquí un exemplo.
Xelmírez é o grande político e estratega medieval, isto pode verse nos Milagres Santiago no Pseudo-Turpín un dos libros do Códice Calixtino. Neste fragmento que reproducimos aprovéitase a autoritax medieval de Carlomagno e do bispo Turpino para darlle a preeminencia á igrexa de Compostela sobre o resto das peninsulares.
Este é un dos exemplos de como a obra medieval é máis que un libro relixiosos para converterse nun tratado de estratexia política.
Un cabaleiro normando, do castelo de Carimate, chamado Emaús, veu de peregrinación a Santiago acompañado de dous compañeiros. Cando chegou ao lugar onde adoitan estar os gardas do altar, dirixiuse aos presentes, dicindo:
Eu recibín deste santo apóstolo un beneficio que non merecía nin tampouco merezo agora poder contalo. O que me aconteceu foi o seguinte:
Cando loitaba cos meus inimigos fun ferido nunha perna e nese momento sentín unha dor tan intensa que non podía aguantar. A perna e a coxa quedaron entumecidas. Ao verme algúns amigos tan tolleito, aconselláronme que me retirase a algún lugar relixioso a servir a Deus e así ter un obxectivo polo que vivir. Eu confiando no seu consello preparei o necesario para que me levasen aló ao día seguinte. A media noite mentres soaban as campás para os matíns porque era a véspera de Santiago, oito días antes do un de agosto, espertei no leito onde xacía da miña enfermidade e pensei con moito medo e inquedanza. “Ai, señor Santiago, eu iría devotamente ao canto das túas horas se puidese.” De súpeto, púxenme de lado e sen axuda de ninguén puiden erguerme, cousa que antes non podía facer. Chamei polo servente que ao verme erguido quedou abraiado. Logo collín o bordón nunha man e coa outra no ombreiro do servente boteime a andar. A coxa da perna que antes estaba seca recuperou a súa forza, sen axuda de ninguén púxenme a andar coxeando un pouco e funme para o lugar relixioso onde quería estar. Despois de ver as cerimonias dedicadas a Santiago, regresei á miña casa san el salvo pola graza de Deus.
Loei a Santiago que quixo que viñese aquí a contar esta graza que del recibín.
Turpino, pola graza de Deus arcebispo de Rens e compañeiro de Carlos nos grandes feitos e lides que lle aconteceron en España, a vós don Leopando, dean de Aquisgrán.
Porque o outro día enviástesnos a dicir a Viana, onde nós estabamos doentes das feridas que tiñamos, que vos escribísemos como o noso emperador Carlos librou as terras de España e de Galicia do poderío dos mouros. Na certeza de como pasou contámoslle a vosa irmandade todas aquelas aventuras que vivimos nas terras de España e de Galicia durante catorce anos.
Os Milagres de Santiago segue o seu camiño de difusión, un exemplar forma parte dos fondo da Biblioteca da Casa de Galicia en Las Palmas, que ten a distinción de Centro Promotor do Camiño de Santiago. Como curiosidade, o único Camiño de Santiago que está fóra de Europa, téñeno precisamente nas Illas Canarias. Toda unha descuberta.