Santiago Alfeo foi chamado así para diferencialo do primeiro Santiago que se chama Cebedeo. Ambos os dous tiñan os nomes polos seus país, Xacobe, nome hebreo, que na nosa lingua quere dicir protector dos homes. No Evanxeo recibe o nome de Santiago o Menor, e foi o primeiro bispo de Xerusalén. Como era un home xusto nas escrituras recibe o nome de “varón da palabra e artífice da verdade”. Tiña tanta santidade que a xente de Xerusalén pelexaban uns cos outros por tocar o pano da súa vestidura.
Este Santiago, mentres estaba predicando a palabra de Xesús Cristo, o fillo de Deus, en Xerusalén, foi arroxado do altar e apedrado polos xudeus e soterrado alí nas proximidades do templo.
Xosefo, testemuña que foi un home santo. Cría que pola súa morte fora destruída Xerusalén, tal e como se contará máis adiante. Despois de que Noso Señor subise ao ceo, Santiago Alfeo foi ordenado bispo de Xerusalén polos outros apóstolos. Era chamado o Xusto porque estando no ventre da súa nai xa era santo. Nunca bebeu viño nin sidra, , non comeu carne, non tivo feblezas, non deixou coroa nin barba, non se bañou nin untou en aceite segundo adoitaban facer entón os homes, nin empregou outras roupas que non fosen de liño. Tantas veces estivo de xeonllos ao día rezándolle a Deus que tiña calos neles. Por isto e porque nunha deixaba de facer cousas boas foi chamado o Xusto, que quere dicir home recto no seu proceder. As escrituras chámanlle Elías, que quere dicir tanto garda da xustiza como do pobo. Destacaba entre os demais apóstolos pola súa vontade, que era un grande home. Os xudeus deixábano entrar no Santa Santorum, o lugar máis sagrado e máis honrado que tiñan segundo a súa lei. Foi o primeiro entre os apóstolos que foi honrado polos seus compañeiros coa potestade de celebrar misa con vestimenta de bispo, despois que Noso Señor subiu aos ceos.
Etiqueta: apóstolo
A destrución de Xerusalén
Contaba Xosefo que por mor da morte de Santiago foi destruída a cidade de Xerusalén e o reino dos xudeus. Aínda que non só pola morte de Santiago senón que tamén pola de Xesucrito. Así o contou:
“Chegará un tempo no que non ficará en ti pedra sobre pedra porque non recoñeciches o tempo do teu Salvador. Porque Noso Señor non quere a morte dos pecadores senón que os agarda corenta anos despois da súa morte para que regresasen onda el despois de que fixesen penitencia dos seus pecados. Para que non tivesen ningunha escusa envioulles aos apóstolos e concretamente a Santiago, que viviu moito tempo entre eles. Mostraba e predicaba a crenza e ensináballes a que fixesen penitencia. Despois de que o noso Señor vise que eles non querían volver á fe, para asustalos, amosoulles moitas marabillas durante os corenta anos que os agardou.”
Afirma Xosefo que daquela apareceu durante un ano sobre a cidade de Xerusalén unha estrela moi luminosa con forma de espada, que lanzaba lóstregos que ardían como o lume. Na súa festa de Pascua, ben entrada a noite, cando viron no templo sobre o altar de Xerusalén tanta claridade, pensaron todos que era día claro. Unha becerra que tiñan para o sacrificio pariu diante de todos unha aña. Ao cabo de algúns días, cando se quería poñer o sol, viron chegar polo aire unhas carretas con xente horrible e moitas outras con xentes armadas que se xuntaban nas nubes cercando a cidade. Na festa de Pentecostés, de noite, na hora en que os sacerdotes entraban no templo a rezar segundo o seu costume, sentiron un grande tremor. Á súa dereita escoitaron fortes berros que dicían: “ímonos destes lugares.”
A batalla das cruces vermellas
Ao día seguinte dixéronlle a Carlos que o señor de Navarra, chamado Furro, que estaba no monte Garsín quería loitar contra el. A véspera do día da batalla, Carlos rogou a Deus que lle amosase quen eran os que tiñan que morrer naquela contenda. Ao outro día, cando estiveron armados todos os cristiáns, apareceulles a aqueles que ían morrer detrás sobre as lorigas e nos ombros cruces vermellas. Cando Carlos o viu comprendeu que eses eran os que tiñan que morren na loita se entraban en batalla, para evitalo, pecháronos a todos nun lugar escoitando misa. Como ninguén puido cambiar o desexo de Deus nin os seus feitos, despois de vencer na batalla, matar ao príncipe Furro e a tres mil mouros, volveu Carlos onda aqueles que deixara encerrados e atopounos a todos mortos, eran aproximadamente uns cento cincuenta cristiáns. Aqueles santos loitadores que escaparon da contenda cos mouros non evitaron o martirio divino.
Despois Carlos conquistou o castelo do monte Garsín e toda a terra de Navarra, que quedou baixo o seu señorío.
Os milagres de Santiago Alfeo
Un cabaleiro normando, do castelo de Carimate, chamado Emaús, veu de peregrinación a Santiago acompañado de dous compañeiros. Cando chegou ao lugar onde adoitan estar os gardas do altar, dirixiuse aos presentes, dicindo:
<< Eu recibín deste santo apóstolo un beneficio que non merecía nin tampouco merezo agora poder contalo. O que me aconteceu foi o seguinte:
Cando loitaba cos meus inimigos fun ferido nunha perna e nese momento sentín unha dor tan intensa que non podía aguantar. A perna e a coxa quedaron entumecidas. Ao verme algúns amigos tan tolleito, aconselláronme que me retirase a algún lugar relixioso a servir a Deus e así ter un obxectivo polo que vivir. Eu confiando no seu consello preparei o necesario para que me levasen aló ao día seguinte. A media noite mentres soaban as campás para os matíns porque era a véspera de Santiago, oito días antes do un de agosto, espertei no leito onde xacía da miña enfermidade e pensei con moito medo e inquedanza. “Ai, señor Santiago, eu iría devotamente ao canto das túas horas se puidese.” De súpeto, púxenme de lado e sen axuda de ninguén puiden erguerme, cousa que antes non podía facer. Chamei polo servente que ao verme erguido quedou abraiado. Logo collín o bordón nunha man e coa outra no ombreiro do servente boteime a andar. A coxa da perna que antes estaba seca recuperou a súa forza, sen axuda de ninguén púxenme a andar coxeando un pouco e funme para o lugar relixioso onde quería estar. Despois de ver as cerimonias dedicadas a Santiago, regresei á miña casa san el salvo pola graza de Deus. Loei a Santiago que quixo que viñese aquí a contar esta graza que del recibín.>>