Crónica Troiana

Así comeza a a versión galega da Crónica Troiana, unha das obras representativas da literatura galega medieval.

<<Conta a historia que os gregos se indignaron moito cando Hércules e Xasón lles contaron a deshonra e o pesar que lles causara o rei Leomedón de Troia no porto de Symeonta, e como deshonrosamente lles prohibiu a entrada naquela terra. Cando isto escoitaron berraron todos cunha soa voz:
-Como foi tan ousado o rei Leomedón para causar tanta deshonra a homes tan bondadosos e honrados?
E alí, un a un, con moita xenreira xuraron todos que destruirían ao rei e ao seu reino. Dicían que pola súa afrenta sufriría o porto, porque pensaban loitar de tal xeito que o matarían e lle farían perder o seu reino. Pero Hércules, que non esquecía a afrenta nin o mal que recibira, tan doído estaba que non podía
permanecer sen vingarse el mesmo. Amosoulle a cantos amigos tiña o pesar con que andaba, tanto llo dixo a cada un e tanto fixo que acadou todo o que quería, porque lle prometeron todos que irían con el a Troia. Segundo conta a historia, por este acontecemento causouse un gran dano que vos quero contar.>>

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s