Os milagres de Santiago

II

Un cabaleiro normando, do castelo de Carimate, chamado Emaús, veu de peregrinación a Santiago acompañado de dous compañeiros. Cando chegou ao lugar onde adoitan estar os gardas do altar, dirixiuse aos presentes, dicindo:

Eu recibín deste santo apóstolo un beneficio que non merecía nin tampouco merezo agora poder contalo. O que me aconteceu foi o seguinte:


Cando loitaba cos meus inimigos fun ferido nunha perna e nese momento sentín unha dor tan intensa que non podía aguantar. A perna e a coxa quedaron entumecidas. Ao verme algúns amigos tan tolleito, aconselláronme que me retirase a algún lugar relixioso a servir a Deus e así ter un obxectivo polo que vivir. Eu confiando no seu consello preparei o necesario para que me levasen aló ao día seguinte. A media noite mentres soaban as campás para os matíns porque era a véspera de Santiago, oito días antes do un de agosto, espertei no leito onde xacía da miña enfermidade e pensei con moito medo e inquedanza. “Ai, señor Santiago, eu iría devotamente ao canto das túas horas se puidese.” De súpeto, púxenme de lado e sen axuda de ninguén puiden erguerme, cousa
que antes non podía facer. Chamei polo servente que ao verme erguido quedou abraiado. Logo collín o bordón nunha man e coa outra no ombreiro do servente boteime a andar. A coxa da perna
que antes estaba seca recuperou a súa forza, sen axuda de ninguén púxenme a andar coxeando un pouco e funme para o lugar relixioso onde quería estar. Despois de ver as cerimonias dedicadas
a Santiago, regresei á miña casa san el salvo pola graza de Deus.

Loei a Santiago que quixo que viñese aquí a contar esta graza que del recibín.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s