Dende a nosa atalaia

Dende a nosa atalaia observamos o ir e vir das xentes dende a orixe dos tempos. A nena que cada mañá camiñaba pola area hoxe é a avoa que camiña coa súa neta; a súa filla ten que saír cedo para o traballo e non pode acompañalas. É o sino dos tempos, avós que exercen de pais.
Esta noite a praia tivo moito movemento. A treboada puxo en perigo a vida dos mariñeiros. As mulleres que agardaban polos seus homes xa non o farán cada mañá á pé do mar. Os seus homes xa non sairán como cada mañá ao mar. É o sino dos tempos, xogarse a vida para dar de comer aos seus.
Lonxe quedan os tempos antigos nos que todos acodían onda nós na procura da nosa protección. Xa ninguén lembra que nós somos os vixías protectores das súas vidas. É o sino dos tempos.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s