Himno da morte

Oubea un can

na carballeira vella.

É noite.

As estrelas cobren o ceo

co seu brilo relocente.

Chove.

As primeiras pingueiras

caen no teito da casopa.

Venta.

As portas comezan a baterse

anunciando a chegada do mal.

Berran.

Os corvos non se cansan de xemer,

na vella carballeira do meu lar.

Calan.

Xa non chove.

Unha bágoa escorrega pola meixela

da moza nena dos ollos claros.

Xea.

O frío apodérase do

seu corpo miúdo.

Morre.

Xa os seus ollos

non teñen vida.

Sempre o baleiro

no noso tremebundo lar!

Xeme.

Xeme unha pantasma engaiolada

cunha corda arredor do pescozo.

Chama.

Coa súa gadaña facendo

acenos á meniña dos ollos claros.

Vanse.

Quizais elas camiñan,

camiñan, andan, falan.

Calan.

Todo volve a encherse

dun silenzo sepulcral.

Só foi a chamada,

a macabra chamada da morte.

E despois.

Nada.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s