A destrución de Xerusalén

Contaba Xosefo que por mor da morte de Santiago foi destruída a cidade de Xerusalén e o reino dos xudeus. Aínda que non só pola morte de Santiago senón que tamén pola de Xesucrito. Así o contou:
“Chegará un tempo no que non ficará en ti pedra sobre pedra porque non recoñeciches o tempo do teu Salvador. Porque Noso Señor non quere a morte dos pecadores senón que os agarda corenta anos despois da súa morte para que regresasen onda el despois de que fixesen penitencia dos seus pecados. Para que non tivesen ningunha escusa envioulles aos apóstolos e concretamente a Santiago, que viviu moito tempo entre eles. Mostraba e predicaba a crenza e ensináballes a que fixesen penitencia. Despois de que o noso Señor vise que eles non querían volver á fe, para asustalos, amosoulles moitas marabillas durante os corenta anos que os agardou.”
Afirma Xosefo que daquela apareceu durante un ano sobre a cidade de Xerusalén unha estrela moi luminosa con forma de espada, que lanzaba lóstregos que ardían como o lume. Na súa festa de Pascua, ben entrada a noite, cando viron no templo sobre o altar de Xerusalén tanta claridade, pensaron todos que era día claro. Unha becerra que tiñan para o sacrificio pariu diante de todos unha aña. Ao cabo de algúns días, cando se quería poñer o sol, viron chegar polo aire unhas carretas con xente horrible e moitas outras con xentes armadas que se xuntaban nas nubes cercando a cidade. Na festa de Pentecostés, de noite, na hora en que os sacerdotes entraban no templo a rezar segundo o seu costume, sentiron un grande tremor. Á súa dereita escoitaron fortes berros que dicían: “ímonos destes lugares.”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s