Todo escritor cando recrea os lugares da súa historia sempre adoita ter un espazo real que lle serve de referencia, no meu caso non ía ser unha excepción. San Martiño do Conde, como algúns dos meus lectores supuxeron, é o trasunto literario de Bueu. Para os que queiran saber como era o Bueu co que se atoparon os tres protagonistas da historia no verán do 75, déixovos o enlace a unha gravación que atopei no facebook.